Benvidos ó fracaso que tanto prometía...

05 June, 2007

A nosa Mirandolina

Ás Splash aburríamonos este curso e dixemos... destino: Barcelona! E collemos a Mirandolina. cortamoslle pernas, brazos e cabeza e dividímola en sete partes. Sete mulleres que somos Mirandolina; porque todas levamos unha muller coma esa no interior.

O noso esforzo démolo a coñecer o Venres 1 a unha da tarde no IES de Teis co éxito típico dos que non saben o texto (NUNCA NOS SAIRA MELLOR). E volveremos berrar o Xoves 7 no teatro da ESAD en Bouzas coa tensión engadida de que ós de Bcn non nos quitarán ollo.

Vémonos!!

ANUNCIO!! Sinto comunicar que non poderei asistir o Martes e o Mércores T_T