Benvidos ó fracaso que tanto prometía...

05 June, 2007

A nosa Mirandolina

Ás Splash aburríamonos este curso e dixemos... destino: Barcelona! E collemos a Mirandolina. cortamoslle pernas, brazos e cabeza e dividímola en sete partes. Sete mulleres que somos Mirandolina; porque todas levamos unha muller coma esa no interior.

O noso esforzo démolo a coñecer o Venres 1 a unha da tarde no IES de Teis co éxito típico dos que non saben o texto (NUNCA NOS SAIRA MELLOR). E volveremos berrar o Xoves 7 no teatro da ESAD en Bouzas coa tensión engadida de que ós de Bcn non nos quitarán ollo.

Vémonos!!

ANUNCIO!! Sinto comunicar que non poderei asistir o Martes e o Mércores T_T

CaixaEscena

10 grupos de teatro, dez obras completamente diferentes, un escenario e mil ensaios.

Dende o venres 1 ata o xoves 7 no ESAD de Bouzas 10 grupos de teatro afeccionado exporán o que levan todo un ano preparando.

Pásate por alí a partir das 4:30 e atoparás un mundo de fantasía e cor. Obras clásicas interpretadas por xóvenes que non teñen outra cousa que facer que dar qué falar.

Venres 1: A pousadeira de Goldoni - EMT
O pousadeiro - Spasmo

Luns 4: A pousadeira - IES Auga da Laxe
Paxaros na Testa - San Narciso

Martes 5: A cola do dragón - IES Eduardo Pondal
La cabeza del dragón - EMT

Mércores 6: As cárceres de Circe - IES Rodeira
Romeo y Julieta - IES Santa Irene

Xoves 7: A pousadeira - IES María Soliño
La posadera - IES Teis